Comeza a formación para os voluntarios do Campionato do Mundo de Duatlón

57

As instalacións do Casino Mercantil acollen este sábado a xornada formativa obrigatoria para o voluntariado que traballará no Campionato do Mundo de Duatlón que se celebrará en Pontevedra o vindeiro 31 de maio, 1 e 2 de xuño. Até o de agora están inscritas arredor de 170 persoas como voluntarias para colaborar en diversos labores neste campionato.
A xornada desenvolverase en sesión de mañá e tarde. Será dende as 10.30 até as 13.30 horas e dende as 16.30 horas até ás 19.30 horas.
Nesta sesión formativa tratarase a Lei de voluntariado (dereitos e obrigas); o Campionato do Mundo de Duatlón (que é e en que consiste); falarase do voluntariado deportivo (acreditacións, prensa, loxística, transporte…), e tamén sobre voluntariado de seguridade vial; ademais daranse unhas pequenas nocións sobre autoprotección para poder reaccionar ante calquera problema que xurda.
Ademais, a Oficina municipal de voluntariado, que xestiona  captación de voluntarios para esta proba tamén impartirá tres cursos voluntarios os vindeiros 21, 22 e 23 de maio sobre turismo básico, primeiros auxilios e inglés básico.