40.000 euros para a subvención de entidades culturais

55

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a convocatoria da liña de subvención ás entidades culturais sen ánimo de lucro que exercen a súa actividade no concello de Pontevedra. Cunha contía de 40.000 euros, a subvención reduce o tempo de subvención, de xaneiro a agosto, para que o Concello poida pagalo no ano económico.