O alcalde Miguel Anxo Fernández Lore recibiu esta mañá a catro deportistas do Club de Loita Pontevedra gañadores de distintas medallas no recente Campionato de España. Os deportistas foron:
– Carmen Salgado (14 anos); Campiona de España escolar e subcamieona cadete.
– Lydia Perez (16 anos); Campiona de España cadete e junior
– Juan de Jesus Machado (18 anos); Campión de España junior.
– Pablo García ( 20 anos); Tercer clasificado campionato de España senior
O alcalde destacou os "espectaculares resultados" destes deportistas, e "os recibimos para que en Pontevedra saiban que hai pontevedreses que compiten nos máis altos campionatos con grandes resultados".
Instounos a que sigan traballando na mesma liña, e ofreceulles a colaboración do Concello para futuros eventos deportivos "e poñer a Pontevedra no mapa da loita".