A iluminación pública do Campiño entra no Plan de aforro enerxético do Concello

88

O Concello de Pontevedra iniciou nestes días a substitución das luminarias do parque industrial do Campiño para reducir o seu consumo. Nesta ocasión, o Concello substitúe as 140 luminarias do Campiño por outras de baixo consumo (de sodio) coa instalación de equipos de redución enerxética e a instalación de reloxos astronómicos, de tal xeito que se activen e apaguen en función da luz solar.
O  aforro será do 55% no consumo, segundo as estimacións técnicas; que con mantementos e novas tecnoloxías suporá un aforro as arcas municipais en máis de 10.000 euros ao ano.
Está intervención está dentro do plan de aforro enerxético iniciado polo Concello nas vías de entrada na cidade, así como polos barrios de Monte Porreiro, a Seca ou o centro urbano de Ponte Sampaio, dende primeiros do mandato. Todas estas actuacións veñen a continuar o plan de aforro enerxético e mellora da iluminación pública que iniciou o Goberno Local de Fernández Lores no ano 2000.