Da Mostra da Parodia ao Desfile do Entroido que se retoma mañá polas rúas do centro

58

Pontevedra pecha esta fin de semana o Entroido, cheo de premios e cos pratos fortes da súa programación. Logo da final de Murgas, disputada onte no Pazo da Cultura e no que resultaron gañadores os seguintes grupos (por esta orde):
1. Equipo Ja
2. Val do Lérez. Sincronizadas de Pontevedra
3. Amoriños de Bora
4. Murga de Colón PTV

Esta noite tócalle o turno á XIX Mostra da Parodia que se desenvolverá en distintos espazos da cidade (especialmente no centro histórico) a partir das 23.00 horas. Os participantes nesta mostra son:
• Os do Val do Lérez (Praza de España)
• Vamos a todo (Praza de Ourense)
• Amoriños de Bora (Praza da Peregrina)
• Os das pistas, A casa do terror (Casa Alcalde)
• Sorteo Lotaría do Nadal (Cruzamento Michelena-Gutiérrez Mellado)
• Os de sempre (Praza de Curros Enríquez)
• Equipo Ja (Benito Corbal, diante do Estanco)
• Os Fojeiras de Sanxenxo: A maquina prodixiosa (Praza da Ferraría).

A entrega de premios será a partir das 02.00 horas na praza da Ferraría.
Mañá, sábado, 8 de marzo, celebrarase o desfile do entroido. A programación para esta xornada é a seguinte:
• 11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
• 16.00 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a  inscrición e recollida do número de participación
• 17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
• 20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades

BASES DO DESFILE DO ENTROIDO
As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasarrúas durante o desfile. A maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.
Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do Entroido, que se celebrará na noite do sábado 1 na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a tarxeta de inscrición e mais o DNI.
Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do Entroido consistente no Ravachol 2014 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.
O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente identificado.
Os participantes, no momento da súa inscrición, deberán facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. Todos os participantes deberán estar anotados antes das 16.30 horas do sábado 1, día do desfile, momento no que se realizara o sorteo da orde de saída. A concentración e inscrición de todos os participantes no desfile de Entroido realizarase na rúa Xosé Malvar.
A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo.
Os grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho da propia góndola ou plataforma, e en calquera caso todos os participantes do Entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.
A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

Premios do desfile do entroido:

Individuais Difrace Fachas
1º premio 250,00 € 250,00 €
2º premio 150,00 € 150,00 €
3º premio 120,00 € 120,00 €

PARELLAS DISFRACE FACHAS
1º Premio 350,00 € 350,00 €
2º Premio 230,00 € 230,00 €
3º Premio 200,00 € 200,00 €

GRUPOS DISFRACE FACHAS
1º Premio 2.400,00 € 2.400,00 €
2º Premio 1.700,00 € 1.700,00 €
3º Premio 1.200,00 € 1.200,00 €
4º Premio 900,00 € 900,00 €
5º Premio 500,00 € 500,00 €

COMPARSA
1º Premio 2.500,00 €
2º Premio 1.900,00 €
3º Premio 1.600,00 €
4º Premio 1.150,00 €
5º Premio 850,00 €
Haberá un premio especial do Entroido consistente no Ravachol 2014 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características no conxunto.