Concello e Vaipolorío, dacordo en rexeitar as depuradoras no Gafos

68

O alcalde reuniuse esta mañá cos representantes da asociación Vaipolorío para valorar o proxecto de saneamento proposto pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galiza para o río Gafos. Tanto o Goberno local como Vaipolorío están de acordo en que as biodepuradoras propostas pola Xunta non son as máis acaídas para esta zona, dado que non resolverá os problemas nun espazo anegable.

O alcalde defendeu a necesidade de seguir traballando na impermeabilización dos pozos de rexisto para evitar que en épocas de chuvia se vexan anegados, en continuar traballando na separativa de pluviais, e incrementar a capacidade do colector, tal e como recolle o convenio do Gafos, asinado entre o Concello e a Xunta e que reserva un investimento de 1,2 millóns para este proxecto.

Segundo desvelou Vaipolorío, nunha reunión mantida en xullo con Augas de Galicia a administración comprometeuse a resolver os problemas de augas pluviais e as filtracións, así como facer un estudo de toda a ría. O grupo ecoloxista estaba dacordo con esta proposta, que logo cambiouse na última reunión na que se propuxo as depuradoras. Segundo Vaipolorío, na propia reunión Augas de Galicia descartou o proxecto, pero logo volvía a reafirmarse nel a través dunha nota de prensa.

O alcalde resumiu a situación decindo que "a Xunta non é seria e non quere cumplir os seus compromisos".

Para tratar de clarificar esta situación, o alcalde enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ver documento PDF