O Concello de Pontevedra pechou esta mañá, ás 13.30 horas, o prazo para a presentación de candidaturas ao premio Cidade de Pontevedra 2014.
As candidatas presentadas foron as seguintes:
- O palista Óscar Graña Blanco, presentado pola Federación Galega de Piragüismo. (Modalidade persoa física).
- O avogado Javier Munáiz Puig, presentado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, delegación de Pontevedra. (Modalidade persoa física).
- O historiador Xosé Fortes, presentado pola Federación de Asociacións de Veciños Teucro. (Modalidade persoa física).
- Club Cisne de Balonmano Pontevedra, proposto pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra. (Modalidade persoa xurídica).
- Rotary Club presentado por Cáritas, e conta co apoio de Aempe, Xuntos, Asociación de Alzheimer.
- Conservatorio de música "Manuel Quiroga" presentado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra.
As propostas presentadas serán analizadas polo xurado do premio o vindeiro luns, 13 de xaneiro, ás 13.00 horas nunha reunión celebrada na Sala de Comisións do Concello.