O Pazo acolle este xoves a representación teatral Tokio3

37

O Pazo da Cultura acolle este xoves, 28 de novembro, a representación teatral de Tokio3 da productora Voadora, e incluída dentro da programación de teatro da Concellaría de Cultura para o último trimestre do ano.
Tokio3 foi presentada esta mañá pola concelleira Anxos Riveiro xunto aos actores Hugo Torres e Marta Pazos, que explicaron que forma parte dunha trioloxía que comezou con Periferia e continuou con Super8, que trata de plasmar o pasado, presente e o futuro do home contemporáneo.
Tokio3 recolle que a cidade de Tokio medrou até quedar atrapada entre o mar e a montaña. Comezou, entón, a se expandir cara arriba. Pero cheou un tempo no que os rañaceos tamén esgotaron a cidade vertical. Tokio seguiu a medrar, esta vez cara abaixo. Esta nova cidade chámase Tokio3.

Ver documento PDF