Máis próximo o acordo da auga entre Pontevedra e Marín

77

Os concellos de Pontevedra e Marín materializarán nos vindeiros días o acordo institucional sobre o suministro de auga potábel a Marín. O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González explicou hoxe que este acordo foi iniciado fai uns nove meses ao máis alto nivel con reunións entre os alcaldes, e logo entre os concelleiros de Facenda coa mediación dos técnicos municipais.

Raimundo González concluíu que este acordo "significará a pax e a normalización das relacións entre os dous concellos limítrofes". Lembrou que o acordo político está pechado, e pero está pendente de pechar as contías. O que si pudo adiantar foi os tres conceptos que se regularizan:

  1. Atrasos de Marín a consecuencia do cobro do porto
  2. Contía da auga doméstica a Marín
  3. Contía da auga a zonas industriais, que até o de agora non estaba regularizada.

Raimundo González indicou que "é fundamental que Pontevedra e Marín cheguen a acordos, e destacou a vontade dos dous concellos por chegar a acordos". Fronte a esta situación, criticou a actitude que mantivo o Porto de Marín durante todo este tempo, a quen atribuiu "a orixe de todo este problema".