Os gañadores do concurso de fotografía do Medio Maratón de Pontevedra recollen os seus premios

49

Os tres gañadores do concurso de fotografía do Medio Maratón de Pontevedra recibiron hoxe os premios nun acto celebrado na praza de Méndez Núñez en presenza do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o vicepresidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Ernesto Filgueira, e o presidente da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Ramón Touza.
Os gañadores resultaron ser Víctor Lorenzo Santiago, pola imaxe “Desayuno con vistas”; Carlos Martínez Montero, por “Vitalidade”, e Vanesa Nogueira, por “Tres correndo e unha mira”. Obtiveron 100 euros, 75 e 50 euros, respectivamente, en material fotográfico.
Por outra banda, o xurado distinguiu como finalistas a José M. Domínguez, por “Números”; Carlos Martínez, por “Refrescando”; Carlos Pereiro, por “Reflejo”; Alicia Díaz, por “Refrexo crebado”; Carlos Pereiro, por “Triunfadora”; Manuel Benítez, por “Maratón”, e Víctor Lorenzo, por “Zapatillas”.
As imaxes poden verse nos escaparates de 10 locais da Zona Monumental: Inmobiliaria Duplex, Ernesto Filgueira, Mercería O Arco, Almacenes Clarita Hogar, Almacenes Clarita Telas, Ernesto Filgueira Mujer, Librería El Pueblo, Ferretería Gallega, Comercial Deportiva e Curtidos Queiro.
Preto de 40 persoas participaron nesta primeira edición do concurso de fotografía do MMP, que nace con vocación de continuidade.
Admítese calquera fotografía dixital, coa única limitación de que os arquivos non “pesen” máis de tres megabytes. Por tanto, poden realizarse con calquera equipo, mesmo con teléfono móbil. A espontaneidade, a frescura ou a sorpresa da imaxe, xunto coa súa calidade e valores estéticos, foron os principais criterios na valoración do xurado.