Frente común para negociar campionatos coa Federación española de Natación

68

O alcalde e o concelleiro de Deportes, xunto ao director do IMD mantiveron esta mañá unha reunión co Club de Natación Galaico e a Fundación Rías do Sur, de cara a organizar campionatos coa Federación española de Natación para o vindeiro ano.
O obxectivo é poder negociar coa Federación a oganización de un ou dous campionatos baixo as premias coas que habitualmente traballa o Goberno local: que supoñan un espectáculo deportivo, que atraían moita xente a Pontevedra de tal xeito que contribúan a dinamización da cidade e ao seu retorno económico.
O alcalde explicou que quedou pendente de facer xestións ante a Federación para tratar de casar as axendas do Concello coa da Federación, buscando que as citas deportivas non coincidan con outras previstas en  Pontevedra, de tal xeito que se poida crear un calendario deportivo amplo de cara ao ano que vén.