Pago a proveedores dentro do prazo legal

67

A Concellaría de Economía e Facenda dará conta ao pleno da Lei de morosidade ao respecto do último trimestre (xullo-setembro). Segundo explicou Raimundo González o período medio de pago é de 29,63 días, que está dentro dos 30 días que permite a lei (e que poucas administracións cumpren).

Recoñeceu que incrementou un pouco o período medio de pago ao respecto do trimestre anterior, pero o período medio de exceso de todas as facturas (que non se pagaron no prazo) é de 9,95 días.

O montante de pago neste trimestre foi de 6,8 millóns de euros.