Conclusións da xornada “Infancia e cidade”

48

onclusións da xornada Infancia e cidade que se deu cita esta fin de semana en Pontevedra, que reuniu ao grupo permanente de estudo Mobilidade e infancia do Ceneam (Centro Nacional de Educación Ambiental):
➢  É importante que os nenos vaian sos ao colexio para a súa autonomía e futuro desenvolvemento. Ao contrario, fúrtase parte da infancia e créanse cidadáns dependentes.
➢ Necesitamos escenarios adecuados para que os nenos poidan facelo con seguridade e liberdade. Transformación dos cidadáns.
➢ Os nenos na rúa son un factor de seguridade.
➢ As administracións deben implicarse, impulsar e promover estas prácticas, xunto cos axentes sociais. Xerar un sentimento e un entorno de solidariedade xeral. Todos coidamos a todos.
➢ A riqueza dos proxectos de mobilidade infantil é maior na medida que aborda máis dimensións: educativa-cultural / cohesión social / transformación urbanística /  cambio no sistema de mobilidade cara a sostenibilidade e na medida na que impulsa a máis axentes: administración local, escola, familias, nenos e cidadanía.
➢ O camiño escolar é un paso máis na autonomía total de movement infantil.