Pontevedra celebrará en 2014 o II Congreso de Cidades que caminan

35

O Concello de Pontevedra participa este mércores, 16 de outubro, no primeiro Congreso de Cidades que camiñan, unha rede á que está adherida Pontevedra e que naceu aberta a todos os concellos e entidades interesadas en mellorar a situación de peóns a través da posta en marcha e intercambio de iniciativas dirixidas a mellorar a accesibilidade universal, a seguridade viaria e o medio ambiente. A cita será no concello de La Rinconada, na provincia de Sevilla.
Pontevedra estará presente neste Congreso a través do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e do intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle. Este último participará nunha das dúas actividades temáticas programadas pola tarde. É unha mesa redonda sobre campañas de promoción da mobilidade peonil entre técnicos municipais e responsábels da Policía Local xunto aos concellos de La Puebla de Cazalla, Mieres, Aranjuez. Daniel Macenlle exporá a participación activa e indispensábel da Policía Local de Pontevedra dentro do modelo urbano da capital.
Pola súa banda, o alcalde participará na cerimonia de clausura, a partir das 19.30 hoas, onde se entregará o traspaso a Pontevedra para celebrar o II Congreso Cidades que camiñan. Será Miguel Anxo Fernández Lores quen reciba ese traslapaso e a benvida ao vindeiro congreso.
Segundo recolle o web de Cidades que camiñan, “este congreso nace para impulsar o imprescindíbel papel protagonizado polos desprazamentos a pé na mobilidade urbana, a través da colaboración mútua entre os concellos e as entidades públicas e privadas, tendo como principal obxectivo reflexionar sobre as vías existentes para formar a cultura do camiñar a través do intercambio de iniciativas dirixidas a mellorar a accesibilidade universal, a seguridade e o medio ambiente”.

Para máis información:

www.ciudadesquecaminan.org

Ver documento PDF