OBRAS BENITO CORBAL. CAMBIOS DOS SENTIDOS CIRCULATORIOS O 8 DE OUTUBRO

52

A partir das 7:00 horas do martes día 8 de outubro vaise proceder ao cambio dos sentidos circulatorios das rúas Cruz Gallastegui, Castelao e Daniel de la Sota. Todo iso vén provocado polas obras de humanización da rúa Benito Corbal.

Para evitar posibles incidencias derivadas dos vehículos que puidesen quedar en sentido contrario, só na tarde do luns día 7 procederase a prohibir o estacionamento nas rúas Cruz Gallastegui, Castelao e Daniel de la Sota, para facilitar o cambio de sentido . A zona afectada ademais de contar coa correspondente sinalización, reforzarase con sinalización circunstancial.

As obras obrigan a trasladar diversos servizos cara a outras rúas. A parada de taxis trasládase de Benito Corbal a Daniel de la Sota. Créase unha zona de servizos max. 15 minutos en Daniel de la Sota para facilitar a actividade comercial. A zona de estacionamento de motos trasládase ao principio da rúa Cobian Roffignac.