Volve Fai Ponting a partir do 6 de outubro

47

O concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta maña a segunda xornada de actividades “Faiponting”, continuación do proxecto que se iniciou en xuño e que prentende dar a coñecer en profundidade o complexo Pazo daCultura – Illa do Covo.
Tal e como destacou Anxos Riveiro “queremos implantar un modelo moi establecido en Europa, facendo coexistir estes espazos de deporte e lecer coa cultura e o arte, gozando simultáneamente de ambos nunha xornada con familia ou amigos”. De ahí que tras o éxito da primeira edición e tentando de que a experiencia sexa aínda mellor, o programa proponse dentro do marco dunha xornada de picnic na que os asistentes poderán moverse ao seu ritmo e participar daquelas actividades que máis lles conveñan (salvo as que necesitan inscrición previa).

Entre as actividades que invitan a romper a barreira psicolóxica de cruzar as pontes  e adentrarse na outra beira do río, gozaremos dunha nova oportunidade de participar no Roteiro Guiado Pazo- Illa, no que da man da os irmáns Ezquieta e Ramón Rozas percorreremos os recunchos máis descoñecidos e máxicos do Pazo, as pezas que se atopan na Sala de Exposicións e as esculturas que adorna a Illa do Covo. “A experiencia do roteiro anterior demostrou que moita xente non coñece o significado das pezas da  Illa, nin a intencionalidade do artista ao colocalas nun lugar determinado, do mesmo xeito que se sorprenden ao atoparlle unha xustificación ao complexo formado polo Pazo da Cultura e o Recinto Feiral”
Dentro do completo programa, cabe destacar o lugar privilexiado que atopan as mascotas neste evento, no que se quixo facer posible que gozaran deses espectáculos aos que habitualmente se lles prohíbe o acceso. Emulando experiencias realizadas en outros países e incluso no noso, a  Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, preparou un concerto interactivo nos que podernos comprobar como os cans responden aos estímulos musicais. Do mesmo xeito e para inmortalizar esta xornada tan especial, o alumnado do Garaxe Hermético, realizará bandas deseñadas dos cans e os seus donos.

• Obradoiros de carácter familiar, incluso algún no que se compite por familias/grupos (necesita inscrición previa), de instrumentos musicais, de natureza para coñecer as aves que viven na illa e reproducilas empregando materiais de refugallo (inscrición previa), de baile, etc.

• Performance, a cargo do Centro Coreográfico Galego e a Escola de Danza Débora.

• Música, en todas as súas formas: Flamenco, rock and roll, a orquestra de cámara de Lira que preparou un espectáculo coa Escola de Danza Débora, o espectáculo “Na punta do pé” de Pesdelán, etc.

• Postos de  comida, nos que mecar bocadillos, polvo, bebidas, etc.

Como xa comentamos, alguna das actividades requiren inscrición previa, nas oficinas do Pazo da Cultura, a partir do luns 30 en horario de 08:30 a 14:30. Pódese descargar folleto informativo e de inscrición na nosa web www. Pazodacultura.org

Ver documento PDF