Os profesionais abordan a violencia sexual

36

O Concello de Pontevedra celebrará o vindeiro 3 de outubro unha Xornada técnica de asistencia primaria a vítimas de violencia sexual, incluído dentro das actividades organizadas pola Concellaría de Benestar Social Municipal no marco do programa Irene de prevención da violencia sexual.

É unha xornada pensada para profesionais (xa no ano 2014 presentaranse as xornadas abertas a todo o público e os obradoiros para os institutos) na que se falará do marco social e psicolóxico da violencia sexual, o marco lega, o marco médico-forense e sobre o acoso sexual e ciber-acoso.