Exercicio físico para todos

41

O Pazo da Cultura acollerá os vindeiros 25 e 26 de outubro a XXIII xornada da Asociación galega de medicina deportiva que tratará o exercicio físico como prescripción terapéutica e a patoloxía tendinosa.

A xornada foi presentada esta mañá polo médico do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Fernando Huelín ao alcalde, quen lembro que dende o Concello "ultimamente" prescribimos media hora camiñando a todas as persoas.

Fernando Huelín asegurou que o propósito destas xornadas, abertas á toda a cidadanía, pero pensadas para médicos, pretende divulgar que o exercicio físico pódese dosificar "e estamos na cidade idónea, que permite esto".

Está prevista a asistencia dunhas 100 persoas.