O Consello da Muller de Pontevedra pola Igualdade é un órgano de participación de carácter consultivo e informativo.
O seu obxectivo é garantir a participación das mulleres do municipio no desenvolvemento
e impulso do principio de igualdade de oportunidades nos diferentes ámbitos da vida política, cultural, económica
e social de Pontevedra.