O Pazo acolle o X Congreso sobre o ensino da educación física e do deporte escolar

41

O Pazo da Cultura acolle dende este xoves e até o domingo, 8 de setembro, o X Congreso internacional sobre o ensino da educación física e do deporte escolar, baixo o título “Educación física e deporte promotores dunha vida saúdabel. Recursos do medio natural e cultural para intervir no sedentarismo e a obesidade”. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos organizadores do congreso que lle informaron sobre os contidos do congreso,  número de asistentes e obxectivos desta cita anual dos docentes.
Fernández Lores destacou que Pontevedra acolla un encontro como este polo modelo de cidade que está a desenvolver, amábel cos peóns, cos nenos, de alta calidade urbana e que fomenta a vida saudábel, por fundamentarse na mobilidade peonil.
Ao coincidir coa Feira Franca, a organizada acordou deixar libre aos asistentes a tarde do sábado para que gocen das actividades desta festa.
Está previsto unha asistencia de máis de 150 persoas, xa inscritas e estarán en Pontevedra os teóricos máis importante do mundo do deporte escolar como Maurice Piéron, da Universidade de Lieja; Víctor Maças, da Universidade de Tras os Montes; ou Francisco Carreiro da Costa, da Univeridade lusófona de Lisboa.

Ver documento PDF