Pontevedra traslada as súas condolencias ás vítimas do accidente de Santiago

61

Ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido onte no Concello de Santiago, Pontevedra quere trasladar as súas condolencias ás vítimas e ás familias dos falecidos en tal desgraciado sinistro, e reiterar a colaboración con todo o dispositivo habilitado.
Como ocurriu onte dende o primeiro momento en que os servizos de emerxencia municipais tiveron coñecemento do sucedido a través do 112, o Concello continúa a disposición do Concello de Santiago e de todas as necesidades derivadas deste fatal accidente. Os bombeiros, e toda a equipa de emerxencias municipais estiveron en contacto permanente co operativo do lugar para entrar en servizo cando fosen solicitados.
Ante tal tráxico suceso e en solidariedade con todas as vítimas o Goberno local acordou a suspensión de todas as actividades de lecer e festivas programadas na cidade: carreira popular, tirada de fogos de pirotécnia, verbena, pasarrúas…
Tamén acordou a colocación das bandeiras do Concello a media asta e enviouse un telegrama de condolencias e solidariedade ao Concello de Santiago e á Presidencia da Xunta por tal desgraciado sinistro.
Durante a mañá estanse a facer xestións por parte do alcalde para porse en contacto cos accidentados traslados aos centros hospitalarios de Pontevedra, coñecer o seu estado, a súa evolución e satisfacer as demandas que o Concello poida resolver.
A Corporación participará no minuto de silencio convocado pola FEMP en sinal de solidaridade, diante do Concello ás 12.00 horas.