Mellora dos accesos ao centro de ensino Fina Casalderrey

65

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a cesión gratuíta dunha parcela de 20 metros cadrados que permitirá mellorar os accesos ao centro de ensino público Fina Casalderrey no barrio de Monte Porreiro.
Trátase dunha servidume de paso da urbanización que unha promotora privada está a realizar na rúa Grecia (de subida dende a nova rotonda de acceso á ponte de Monte Porreiro), e que permitirá mellorar o acceso dos nenos ao centro de ensino, dado que ese será o seu uso exclusivo.
Na actualidade os alumnos accedían ao centro dende a rúa Reino Unido, polo que esta entrada permitirá mellorar o servizo ao centro de ensino.