A Volta volve a Pontevedra o 25 de agosto

57

Pontevedra volverá a acoller este verán a Volta ciclista a España sendo o centro operativo da maior parte das etapas que se celebren en Galiza. Dende Pontevedra haberá a saída dunha etapa, será o domingo, 25 de agosto, cara Baiona. Inicialmente haberá unha saída neutralizada que percorrerá todo o centro urbano até encarar a avenida de Vigo e N-550 cara Vigo e Baiona.

A Volta ciclista estará en Pontevedra dende o día 21 até o 26 de agosto, aínda que en días previos algúns equipos xa se poderán instalar na cidade. Hai 8 hoteis totalmente pechados para a Volta, para acoller os equipos Movistar, Cofidis, Saxobank, Vacansoleil, Belkin, Argos Shimano, AG2R, ademais de boa parte da organización. Serán unhas 2.400 pernoctacións diarias.