Saleta Castro pon o seu obxectivo no ironman de Hawaii 2014

68

O alcalde recibiu esta mañá a triatleta pontevedresa Saleta Castro, logo de resultar terceira no Ironman de Lanzarote. Nesta reunión celebrada para darlle os parabéns da cidade, ánimos para seguir competindo e crecendo nesta disciplina que é a que máis lle gusta, tamén lle agradece que vaia poñendo o nome de Pontevedra polo mundo.

Saleta Castro asegurou que dende hai un ano atópase moi cómoda nesta durísima disciplina deportiva na que pretende facerse un oco no panorama mundial acudindo á proba do Ironman de Hawaii, o máis vello e prestixio do mundo, no vindeiro ano.