O Concello esixe á Xunta que execute a reforma do colector do Gafos

64

A Xunta de Goberno acordou esta mañá esixir da Xunta de Galicia a execución da obra de reforma do Colector do río Gafos, incluído dentro do convenio asinado entre as dúas institucións. O Concello lembra que se trata dunha obra de carácter supramunicipal como solución a controlar os verquidos que se fan ao cauce fluvial. Esta medida acordase en relación ao informe da asesoría xurídica municipal sobre o auto do xulgado de instrucción número 2 que sobresee provisionalmente as actuacións xudiciais penais seguidas por verquidos ao Gafos.

Tamén se lle reenviou ao Concello de Vilaboa o procedemento abreviado para que no eido das súas competencias evite que se produzan verquidos ao río.

Tamén se lle insta a Aquagest a que extreme as medidas en relación ao saneamento do Gafos e solicita aos servizos municipais que informen dos investimentos que se levan realizado no ámbito do Gafos para reenvialos ao xulgado.

Tamén se lle dá conta á Fiscalía e ao Xulgado dos acordos adoptados.

Ver documento PDF