Remata o prazo para a entrega de exemplares para o Banco de libros de texto

31

Esta semana remata o prazo de entrega dos libros para o Banco de libros de texto, que puxo en marcha a Concellaría de Benestar Social Municipal, que dirixe Carmen Fouces. Os centros recibirán os libros até mañá, 27 de xuño, e dende ese días as familias poderán entregalos nas dependencias da Casazul.
A campaña está pensada para recoller todos os libros dende terceiro de Primaria até o Bacharelato e Formación Profesional. As familias que queiran colaborar deixando os libros do curso pasado, encherán unha solicitude cos libros que precisen para o vindeiro curso.
Logo de ser clasificados e facer os lotes, dende Casazul chamarase ás familias que se acheguen a recoller as súas peticións. A Concellaría tratará de cubrir todas as peticións que reciba, e no caso de non poder satisfacelas entregará ás familias un cheque de compra nas librarías do concello de material escolar.
Benestar Social Municipal lembra que se trata dun sistema de préstemo eficaz, educativo, solidario e respectuoso co medio ambiente. Ademais, este troco de libros é compatible coa axuda da Xunta.