A actriz e empresaria Andrea Bayer será a preogueira das Festas da Peregrina. Foi presentada esta mañá pola concelleira de Festas, Carme da Silva quen destacou a importancia da aposta pola industria cultural nunha época dura e tamén pola súa colaboración incondicional co Concello de Pontevedra.