RESTRICIÓNS CIRCULATORIAS SÁBADO 15 DE XUÑO DE 21 A 22:50 HORAS. CARREIRA PEDESTRE PONTENOITE

64

 

O sábado 15 de Xuño vaise ha celebrar a carreira pedestre PonteNoite 2013. A proba dará comezo ás 21:30 horas polo que está previsto que as restricións para a circulación de vehículos prodúzanse a partir das 21 horas. As previsións barallan que non se restableza totalmente a circulación de vehículos ata as 22:50 horas.

A Carreira Nocturna 5+5 PonteNoite ten o seguinte percorrido: Praza de España, Michelena, Peregrina, Andrés Muruais,Praza de Galicia, A. García Sánchez, Xeneral Rubín, A. García Sánchez, Andrés Mellado, Sagasta, Castelao, Daniel de la Sota, Benito Corbal(tramo peonil), Paseo de Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Cesar Bohente, Serra, rúa Ponte, Barón, Arcebispo Malvar, Praza de España, Dr. Marescot, Xeneral Martitegui, Alfonso XIII, Echegarai, Alameda, Raíña Vitoria, San Xosé, Riestra e Praza de España.

No transcurso da carreira e nas vías por onde discorra a proba, non se permitirá circular nin incorporarse a circulación aos vehículos estacionados.

Se habilitan 6 puntos para a saída (non entrada) de vehículos das zonas afectadas (Aparcadoiro Alameda, Pastor Díaz, A. García Sanchez, Navarrete, San Xulian, e Santa María), segundo se indican nas frechas do plano.