Arredor de 250 persoas participaron este ano no Curso de memoria

39

A Concellaría de Benestar Social Municipal inicia hoxe a clausura dos Cursos de Memoria para persoas maiores nas parroquias do concello. Dende outubro até esta semana participaron semanalmente arredor de 250 persoas nas parroquias de Marcón, Lérez, Ponte Sampaio, Bora, Salcedo e tamén no Burgo.
A concelleira responsábel do departamento, Carmen Fouces destacou esta mañá o éxito destes cursos e os beneficios que reportan a este sector da poboación, de tal xeito que a concellaría xa traballa en ampliar a oferta gratuíta destes cursos a outras parroquias do rural e outros locais sociais do centro urbano.
Carmen Fouces clausura esta tarde ás 18.30 horas o curso de Marcón; ás 19.00 horas de Lérez; e ás 19.30 horas no Burgo.
Mañá, ás 17.00 horas, clausura o curso na parroquia de Ponte Sampaio, e o xoves, ás 18.00 horas en Bora. O último curso en pechar será o de Salcedo, que será ás 18.30 horas.