A Xunqueira da Gándara, próximo destino de Natureza sobre rodas

67

A Concellaría de Medio Ambiente continúa este domingo, 12 de maio, coas saídas en bicicleta polo municipio do programa Natureza sobre rodas. Nesta ocasión será pola Xunqueira da Gándara, cun percorrido duns 12 quiómetros.
Trátase dunha ruta circular que permitirá coñecer as aves invernantes, os ciclos das mareas e adaptacións; O Camiño de Santiago e as especies invasoras; Augas doces, salobres e salgadas; xuncos e espadainas; as garzas e garzotas; e adentrarse no Paleolítico en Galicia.
Son saídas en bicicleta pensadas para toda a familia cunha dificultade asumida para persoas de todas as idades, e por distintos espazos naturais do municipio. Para partiripcar é preciso anotarse previamente na Oficina de Medio Ambiente Natural a través do teléfono 986 100 185.
O programa rematará coa saída do domingo, 19 de maio, será até a enseada de San Simón, uns 18 quilómetros.