Teatro nos escaparates do centro histórico

45

Achegar o teatro a espazos que non foron creados para iso e fomentar o pequeño comercio son algúns do obxectivos deste proxecto de difusión cultural, promovido pola Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura que leva por nome ESCAPÁRATE.

Entre as 12:15 e ás 21:30 horas de mañá, venres 3 de maio, o Grupo Chéveres, que hai pouco visitara a nosa cidade coa súa “Ultranoite do Aquí” representará 5 micro pezas teatrais en diferentes escaparates do Centro Histórico de Pontevedra.

Unha acción que grazas a súa “aparente” espontaneidade esperta unha enorme sorpresa entre os viandantes e consumidores potenciais, que por uns minutos aproxímanse ao escaparate e á tenda en cuestión, incrementando as vendas segundo nos comenta Miguel de Lira, que fundamenta o éxito en anteriores accións levadas a cabo en Viveiro, Lugo, Pontedeume. “Ao repetir os scketches varias veces, funciona moi ben o boca a boca, xa que a xente comenta o que acaba de ver e así os demais teñen a oportunidade de presencialo” comenta Xesús Ron, que destaca ademais do aspecto cultural, o teatro como mecanismo de comunicación social empregando “algo que non está estático, que da novas motivacións aos cidadáns para achegarse ás zonas comerciais, peatonais, a mercar ou tomar algo.

Entre as diferentes representacións, nas que se toma a actividade comercial coma contido da peza, atopamos diferentes historias: o amor entre un comerciante e a súa maniquí, os tres tenores, etc.  Aínda que a compañía principal e o Grupo Chévere, non perden os espírito de colaboración e plataforma de difusión de artistas que foi a Sala Nasa e son permeables á entrada de outros colaboradores, como será o caso da peza “O Retrete de Dorian Gray”  ou a intervención de Mariam Bañobre, artista local.

Esta iniciativa moderna, innovadora e dinámica e unha proba de que se están facendo cousas e destaca a importancia da colaboración entre entidades e persoas, xa que se establecen diálogos, se crea complicidade e traspasa a relación contratante – contratado.

 

 

Os escaparates, que abarcan unha superficie ampla do Casco Histórico foron escollidos pola propia compañía, en función das necesidades de espazo para levar a cabo a representación e tamén, da dispoñibilidade do comerciante, xa que “as veces de entrada móstranse reticentes, pero cando ven como funciona, queren participar en futuras ocasións”.


PROGRAMA DE ACTUACIÓNS – VENRES 3 DE MAIO

12,15h. Animación de rúa, zona Pza. da Peregrina
12,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Sánchez Hogar
12,45h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Homes
13,00h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Sánchez Hogar
13,15h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Homes
13,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Sánchez Hogar
13,45h.O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Ernesto Filgueira Muller

18,30h. Animación de rúa, zona Pza. Curros Enríquez.
19,00h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Ernesto Filgueira Muller
19,30h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Clarita.
20,00h. Os Tres Tenores (recital lírico). Muebles Mirón.
20,30h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Ernesto Filgueira Muller.
21,00h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Clarita.
21,30h. Os Tres Tenores (recital lírico). Muebles Mirón.

Mira aquí! (video-instalación) e punto de información, Droguería La Moderna.