Volven as Andainas!

26

O Concello de Pontevedra pon en marcha este domingo unha nova edición das Andainas, que nesta ocasión levarán aos camiñantes a once destinos distintos da comarca de Pontevedra co obxectivo de fomentar a vida saudábel, o coñecemento do medio e os seus valores patrimoniais.

A Concellaría prevé saídas de 54 persoas, que se deberán inscribir previamente no teléfono 986 10 01 85 ext 7583 (Concellaría de Medio Ambiente). Só se poderán inscribir dúas persoas por cada ruta, e unha persoa non poderá inscribirse en máis de cinco marchas.

 

Ver documento PDF