Apoio a manifestación en denfensa da sanidade pública deste xoves

66

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores xunto aos alcaldes e tenentes de alcalde de Vilaboa, Poio, A Illa e Bueu, e representantes dos portavoces dos grupos municipais do PSOE e do BNG de Vilagarcía, Sanxenxo, Marín ou Vilanova de Arousa fixeron esta mañá un chamamento á cidadanía da bisbarra para que participen na movilización convocada para este xoves, ás 20.00 horas en Pontevedra (praza da Ferraría) en defensa da sanidade pública.

Os representantes municipais destacaron a necesidade dunha asistencia masiva a esta manifestación en defensa dun dos sistemas sanitarios mellores do mundo, universal, gratuíto e de alta calidade, que merece a mobilización das persoas conscientes do desartello do sistema actual en beneficio do capital.