Pontevedra pecha o 2012 con superávit

64

O Goberno Local deu conta esta mañá no Pleno Municipal da liquidación de 2012 que pechou con superavit, é dicir, que os gastos de 2012 foron inferiores aos ingresos, e o remanente líquido de tesourería é de 13.193.000 euros que se destinarán a investimentos.

Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, e portavoz do Goberno, Raimundo González "todos os parámetros económicos son bos". A débeda total do Concello é de 23 millóns de euros, é dicir un35%, o que permitirá ao Concello recurrir a crédito sen ter que elaborar un Plan ecónomico financieiro como na última anualidade.

Os ingresos do Concello comportáronse ben sendo algo superiores aos orzamentados, arredor do 7% máis. Seguiron diminuíndo os ingresos do Estado (un millón menos) e da Xunta (450.000 euros menos).

A contención do gasto corrente (cap 2) foi duns 5 millóns de euros.

Con estes datos: a execución do orzamento por pagos foi do 80% e por compromisos, arredor do 91%.