Marcón celebra este domingo da sétima edición da Festa da fabada

28

O Concello de Pontevedra colabora coa Festa gastronómica da fabada que este domingo chega á súa sétima edición. Organizada polo Club de fútbol Marcón, terá como pregoeiro a Miro Magariños.
A partir das 13.00 horas abrirase a carpa no campo da festa de Marcón. Están previstas as actuacións dos grupos Calibre e Sabor ao longo da xornada.
O Club deportivo organiza tradicionalmente esta festa co obxectivo de sufragar os gastos da temporada, que esta é especialmente custosa dado que o club chegou ás case 150 fichas.
A previsión dos organizadores é chegar ás 600 racións de fabada que terán un custe de 7 euros por ración, incluído un bolo de pan e un vaso de viño ou de auga.