Traballos de mellora e de xardinería en distintos lugares de Mourente

75

O Concello está a realizar distintas melloras na parroquia de Mourente, que xestiona como concelleiro delegado Miguel Filgueira.
No lugar de Mourente, está rematada a canalización de todo o saneamento, e estanse a acometer traballos de mellora no ámbito de actuación coa canalización de augas pluviais, asfaltado de sobreanchos de beirarrúas…
Tamén se están a realizar podas no parque dos Areais, un traballo que está incluído dentro da campaña de poda da Concellaría de Parques e Xardíns. Dentro destes labores de xardinería está previso a tala de dous plátanos que se atopan no medio e medio da vía pública.
A Concellaría que xestiona Miguel Filgueira tamén está a preparar o acondicionamento integral do parque dos Areais para dotalo dalgunhas instalacións de lecer, a petición dos veciños que empregan a diario este espazo público de Mourente onde tradicionalmente se ven celebrando a Festa do Caldo.
O Concello está a preparar o proxecto e en breve se presentará aos veciños.