Plantación na Escola Infantil da Parda para mellorar o benestar dentro do edificio

71

As concelleiras de Benestar Social e de Xardíns, Carmen Fouces e Anxos Riveiro participaron onte pola mañá na plantación de dúas árbores de folla caduca no xardín da Escola Infantil da Parda, unha petición realizada por parte do corpo docente da Escola e tamén da Anpa do centro, para garantir un maior benestar aos pequenos da escola.
As moreiras plantáronse no lateral leste do edificio da Escola, o que permitirá dar sombra no interior do centro durante as horas de sol, especialmente durante a mañá, evitando que suba a temperatura demasiado dentro do edificio como viña acorrendo até o de agora. Así se mellora o benestar dos pequenos que a diario empregan este centro.