O Concello coa Semana Galega de Filosofía

37

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu onte a Aula Castelao de Filosofía coa que asinou o convenio anual de colaboración para celebrar a lonxeva Semana Galega de Filosofía que neste ano chega á súa trinta edición.

Con motivo desta edición tan sinalada, o tema da Semana será "A Memoria", celebrarase entre o 1 e o 5 de abril e contará con asistentes como Manuela Carmena Castrillo, maxistada da Audiencia Nacional, ex membro do CGPJ e cofundadora de Xuíces para a Democracia), o escritor Manuel Rivas ou o catedrático en filosofía da Universidade Autónoma, Manuel Cruz.

O alcalde destacou que neste ano a Semana volve a ter o recoñecemento académico para os asistentes e volve a o Principal. Felicitoulles polo esforzo de xestión e búsqueda de financiamento nesta etapa económica tan complexa.