O alcalde enviará unha carta a De Guindos para entrevistarse polas preferentes

60

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores comprometeuse esta tarde a enviar en breve unha carta ao ministro de Economía, Luís de Guindos na que lle solicitará como alcalde dun concello cun grande número de afectados polas preferentes e subordinadas unha reunión para abordar esta problemática, no marco dunha representación institucional da provincia, probablemente integrada por outros alcaldes. Así llo confirmou á representación da Plataforma de Preferentes coa que se reuniu esta tarde no Concello.
Ademais, os representantes pedíronlle ao alcalde que no vindeiro pleno debátase unha moción na que se exisa ás entidades involucradas nesta “estafa” e ao Goberno que se devolva a integridade dos aforros dos afectados sen acudir a unha quita. Sosteñen que son aforradores e non inversores tal e como se recolle en documentación interna elaborada polas caixas de aforro que venderon estes productos así como pola propia Xunta de Galicia.
Os representantes da Plataforma informáronlle que seguirán mantendo concentracións na cidade de xeito rotatorio ante os edificios públicos para seguir chamando a atención da cidadanía e das administracións ante esta problemática. Tamén lle informaron da manifestación prevista para este sábado, 13 de febreiro, na cidade da Coruña convocada pola Plataforma galega das preferentes. A plataforma de Pontevedra e Marín pon a disposiciónd as persoas interesadas en asistir un autobús que sairá do Recinto Feiral ás 09.15 horas da mañá.