Search
Close this search box.

Zafarrancho na avenida de Lugo

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa nesta semana os zafarranchos de limpeza da área urbana do municipio. Limparase a avenida de Lugo, entre a rotonda de Loureiro Crespo até a rotonda de Xoán Carlos I.
Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.
Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.
A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

Compartir publicación: