Pontevedra na primeira xornada do movemento 30 km/h

63

O Concello de Pontevedra participará o vindeiro 14 de marzo na primeira xornada dun ciclo de conferencias organizadas polo Movemento 30 para amosar os beneficios que se poden obter grazas á reducción da velocidade proposta para certas zonas das cidades, tales como reducción de emisións, reducción de accidentes e os seus efectos, aforro enerxético, tráfico rodado máis fluido e pacífico…

Estas xornadas están organizadas pola Fundación Pons, polo movemento 30 km/h e coas colaboracións de Ponle Freno, DGT e do Consorcio de Transportes de Madrid.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participará nunha mesa redonda sobre "Experiencias positivas en plans de mobilidade urbanos" xunto ao Concello de Madrid e da Federación Española de Municipios.

O concelleiro de Mobilidade, César Mosquera explicou esta mañá que o convite ao Concello de Pontevedra para participar neste evento é froito dos ecos do premio Intermodes que acaba de recibir Pontevedra polo seu modelo de cidade.

Ver documento PDF