Pontevedra aposta pola compostaxe dos orgánicos de toda a cidade

55

O Concello de Pontevedra trasladará esta semana á Deputación a súa proposta de Pranta de compostaxe, que se o Goberno provincial acepta Pontevedra está disposta a entrar na mancomunidade de recollida de lixo e levar a esta pranta de compostaxe os orgánicos da cidade de Pontevedra. A proposta presentouna esta semana o concelleiro de Infraestruturas e deputado provincial, César Mosquera que asegurou que o obxectivo do proxecto é "darlle a máxima viabilidade ao plan, e incorporar o reaproveitamento ao máximo posible".

Partindo da base que os residuos orgánicos xenéricos saen da terra e deberán volver á terra. E no caso de Galicia, segundo os estudos dos que dispón o Concello, a terra ten un déficit de orgánicos. "Se temos en conta só a terra de cultivo, todo o compost que produciría a pranta non chegaría a nada", segundo César Mosquera.

Contando a amortización da pranta -poderíase reducir aproveitando a pranta xa construída do Morrazo ou con achegas económicas por parte de Sogama- o custe da pranta estaría por debaixo que o de Sogama. Sogama cobra 60 euros/ tonelada, mentras que a da pranta de compostaxe sería de 40 euros /tonelada, incluíndo neste prezo que parte do lixo tería que ir, inexcusablemente, a Sogama.

Tamén se propón unha recollida no centro urbano, dado que no rural a solución sería ir a autocompostaxe. Aínda que tamén se podería pór algún punto de recollida de orgánicos no rural.

O custe da pranta a 20 anos sería de 5.706.000 euros, ive incluído. Farían falta dúas hectáreas e non debería estar lonxe dos centros de producción. Hai que ter en conta que este tipo de prantas non supón ningunha incidencia sobre a población (nin cheiros, nin contaminación…).

O sistema de recollida manteríase con catro colectores: papel, vidro, orgánicos e un cuarto para o resto (plásticos, embalaxes, zapatos…)

Esta pranta tamén tería capacidade para o tratamento dos lodos das depuradoras.

O concelleiro César Mosquera explicou que para o Goberno local de Pontevedra a aposta pola compostaxe sería bo de por si, independentemente do custe, que neste caso, ademais, é máis barato.

Ver documento PDF
Ver documento PDF