O Concello critica a forma en que Deputación e Imserso se desfán da Teleasistencia

41

A Concellaría de Benestar Social quere denunciar a vía indigna que empregan a Deputación de Pontevedra e o Imserso para comunicarlle as persoas que dispoñían do servizo de Teleasistencia, que van deixar de financiar o servizo.
A teleasistencia para as persoas maiores dispoñía dunha finaciación a tres bandas froito dun convenio entre Imserso, Deputación e Concello. A día de hoxe, o Concello desconoce oficialmente a decisión das outras partes, e foi a empresa EULEN (concesionaria do servizo) quen comunicou á Concellaría de Benestar Social Municipal que ía retirar os dispositivos as persoas que o tiñan.
O xeito de facer destas institucións é insultante tanto para o Concello como para as usuarias e usuarios do servizo.  
O Concello quere enviar un chamamento de tranquilidade ás familias e aos usuarios xa que a Concellaría de Benestar Social está a traballar para solucionar esta nova desfeita da Deputación e da Administración do Estado.