A Xunta de Goberno deu conta esta mañá dá enésima sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre os consumos de auga do Concello de Pontevedra por parte do Porto e da Autoridade Portuaria. O portavoz do Goberno e concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou que esta situación xurde de que a Autoridade Portuaria colle auga do Concello de Pontevedra de maneira inapropiada e "non a paga".
Esta situación "supón un quebranto económico importante para o Concello porque só a débeda de auga da Autoridade Portuaria é de máis dun millón de euros", explicou Raimundo González, quen asegurou que "en nas circunstancias económicas actuais o Porto distraia a auga da rede, non é propio dunha administración pública".
O concelleiro explicou que no Concello de Pontevedra "somos pacientes e responsables. Non se poden ver empresas afectadas pola actitude irresponsable dos xestores do Porto". Ante esta situación "o Concello persistirá en que se cumpra a lei e se pague, e mentres estamos estudiando o tema".