Continúa aberto o prazo para presentar candidaturas ao Cidade de Pontevedra

32

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Cultura, volve a convocar os premios Cidade de Pontevedra cuxo prazo de presentación da candidaturas  rematará o vindeiro 5 de xaneiro.

Todos os interesados en presentar candidaturas nas modalidades de entidade física ou xurídica, poderán facelo no Rexistro Municipal do Concello, até o peche do rexistro o 5 de xaneiro.