En prealerta, ante a previsión de novas chuvias fortes

76

O Concello de Pontevedra continúa en estado de prealerta logo do fenómeno meteorolóxico adverso da pasada semana e na previsión da entrada dunha importante fronte a partir do mércores.

O portavoz do Goberno Local, Raimundo González explicou que na fin de semana producíronse diversas incidencias como a caída unha palmeira do paseo central das Palmeiras, farolas, caída de lousas ou chapas en distintas rúas. Ademais, o nivel do río Lérez volveu á normalidade logo das intensas chuvias e de que se anegara a planta de bombeo, aínda que non chegou a afectar ao cadro eléctrico nin ás bombas, o que permitiu manter a actividade con total normalidade.

O portavo e delegado do ciclo da auga explicou que o Concello segue vixiante ante as novas previsións de fortes chuvias, pero xa adiantou que coas futuras obras de abastecemento a Pontevedra e á súa ría o problema eliminarase ao elevar máis as bombas da auga.