A Concellería de Deportes inviste máis de 20.000 euros en equipamento para as instalacións municipais

50

Os equipamentos de tres pavillóns veranse notablemente mellorados grazas ao investimento de case 21.000 euros en material deportivo que está a ser colocado durante estes días.
A Concellería de Deportes aprobou a adquisición deste material, que servirá para mellorar a práctica de deportes como o balonmán, baloncesto, fútbol sala, voleibol e ximnasia, xunto coa práctica do fitness e a musculación.
Agustín Fernández explicou que trátase dun esforzo por optimizar as condicións nas que adestran varios clubs, un esforzo que debe ser continuo, pois o Concello debe facer o posible por estar á altura de organizacións que achegan constantes resultados e éxitos deportivos.
No pavillón Xunqueira II instalaranse novos xogos de porterías trasladables, redes de fútbol sala/balonmán, xogos de redes de baloncesto e novas redes para a práctica do voleibol.
No Pavillón Municipal dos Deportes haberá “áreas de caída” para ximnastas, áreas de recepción de tumbling de varias medidas e colchonetas de seguridade de diversos tipos.
Finalmente, o Pavillón Municipal e o Multiusos serán dotados de novo material específico de musculación, colchonetas de aeróbic, soportes, barras e bancos multifunción.