Mañá instálase a nova climatización do Teatro Principal

25

As obras de mantemento e acondicionamento do Pazo da Cultura e do Teatro Principal continúan a bo ritmo de traballo. De feito mañá instalarase a nova climatización do Teatro Principal, o que obrigará a pechar todas as rúas perimetrais do Teatro entre as 9.15 horas e as 15.00 horas.

Para realizar os traballos de climatización obrigará a instalación dunha grúa de 60 toneladas que se trasladará ao Teatro Principal dende as rúas Benito Corbal e Michelena. Os traballos obrigarán a pechar ao tráfico rodado e peonil as rúas Bastida, Tetuán e Don Filiberto entre as 9.15 e as 15.00 horas.

O Concello de Pontevedra pide disculpas anticipadas polas molestias que este peche poda implicar a veciños, residentes e cidadáns que mañá tiñan previsto empregar estas rúas.

Cabe lembrar que a Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro, está a realizar unhas importantes tarefas de mantemento e acondicionamento tanto do Pazo da Cultura como do Teato Principal por valor de 310.000 euros. Son traballos necesarios para o mantemento destas instalacións que se foron aprazando no tempo, pero que era preciso acometer, por iso acordouse falelo no último trimestre deste ano.

Entre as obras están o pintado dos interiores do Pazo e do Teatro; reforzo dos equipos de emerxencia das dúas sedes; mellora dos sistemas de antiincendios; mellora da fontanería do Pazo, entre outros.