Pontevedra xa loce o Nadal

28

O Concello de Pontevedra inaugurou onte a iluminación de Nadal na praza da Ferraría. O alcalde e a concelleira de Festas, Carme da Silva, encenderon a iluminación da cidade que conta cunha árbore na praza de España e outra máis pequena na praza de Curros Enríquez.

A maior parte das rúas da cidade, tanto do centro histórico como do ensanche, están debidamente iluminadas para esta ocasión con arcos de luces led de baixo consumo. A colocación destes arcos foron consensuados coa asociación de empresarios da cidade, Aempe, de tal xeito que se abarca ao maior número de rúas posible cunha contía económica lixeiramente inferior ao ano pasado.

O acto de inauguración estivo acompañado dunha actuación a cargo da Coral Bella Helenes e do quinteto de metal Hércules Brass que cantarán panxoliñas.

A iluminación de Nadal estará encendida dende as 18.00 horas até as 01.00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que estará acesa até a madrugada. Estará encendida até o 6 de xaneiro.