Pontevedra, na Feira do libro de Durango

42

A concelleira de Cultura Anxos Riveiro Portela e Pilar Portela Vázquez, xerente do Pazo da Cultura, asistirán esta semana en representación do Concello de Pontevedra á Feira do Libro de Durando “Durangoko Azoka” que se celebra os dias 6,7,8 e 9 na citada cidade.

A prestixiosa e consolidada feira, organizada pola Asociación Gerediaga Elkartea, que hai dous anos visitou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, convidou ao Concello a achegarse ata Durango para coñecer en profundidade e dende dentro este evento que se ven celebrando dende 1965.

O proxecto concebiuse co obxectivo principal de dar a coñecer a produción literaria e discográfica de Euskal Herria e de que a cidade de Durango se convertera nun lugar de encontro dos diferentes sectores da actividade cultural vasca. Unido á feira, todos os anos se abren as portas do Haur Literatura Aretoa, lugar onde os nenos/as e xoves de ata 12 anos, teñen a oportunidade de achegarse a literatura dunha forma activa e incentivar o gusto pola lectura na súa lingua nun lugar adaptado a eles.